jueves, 16 de marzo de 2017









PUBLICADO DOGA : PUNTUACIÓN DEFINITIVA PARA LISTAS DE SELECCIÓN TEMPORAL EN DIVERSAS CATEGORÍAS.





IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS SERVIZO GALEGO DE SAÚDE RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario. O vixente Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia, publicado por Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 13 de xuño de 2016 (Diario Oficial de Galicia nº 123, do 30 de xuño), regula na súa norma II.4.4 a xeración e publicación das listas. Por Resolución do 16 de xaneiro de 2017 (Diario Oficial de Galicia nº 21, do 31 de xaneiro) publicáronse os resultados provisionais de baremación dos/das aspirantes admitidos/as nas categorías de técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en dietética e nutrición, técnico/a superior en documentación sanitaria, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior e imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a superior en radioterapia, técnico/a en coidados auxiliares de enfermería e técnico/a en farmacia. Finalizado o prazo de impugnación contra a citada resolución e analizadas as reclamacións presentadas, este centro directivo, de conformidade co anexo I, base novena, da Resolución do 12 de setembro de 2013, RESOLVE: Primeiro.  Aprobar a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia nas categorías de técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en dietética e nutrición, técnico/a superior en documentación sanitaria, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a superior en radioterapia, técnico/a en coidados auxiliares de enfermería e técnico/a en farmacia. Segundo.  As listas co número de orde e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). CVE-DOG: 1zhnpkg9-dma4-ypu9-lgx6-k457qwdr3nu0 DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2017 Páx. 12827 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos. Terceiro.  Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación. Cuarto. As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2017 Margarita Prado Vaamonde Directora xeral de Recursos Humanos

No hay comentarios:

Publicar un comentario